FAXTER MachinacionesPara amenizar musicalmente este sitio contamos coa colaboración especial de Faxter.

[ Visitar canal de Faxter en Youtube.]

Un completo CD de música electrónica (feita con ordenadores) composta polo noso convidado, que contén un bo puñado de temas nos que vai surfeando polos diferentes estilos musicais, así que, de seguro estarán tamén os teus preferidos: New Age, Rock, Blues, Pop, Alternativa...

 

Faxter doulle a este CD o título de MACHINACIONES polo feito de querer xuntar nun os conceptos de "Maquinaciones" (cousas da cabeciña) e o de "Machine" ("máquina" en inglés. O ordenador é unha máquina). Xuntar, nunha única palabra, a idea co artiluxio executor da mesma.


O reprodutor que aparece no Blog (á dereita) permitirache escoitar a/as canción/s que prefiras nun momento puntual e tamén, se o prefires, podes abrilo nunha xanela independente para deixar soando a música de fondo mentres das voltas pola Rede e tes aberto o navegador... seguro que che ha de gustar a idea ;-)