Libro En galegoContra os prexuízos e as simplificacións sobre a lingua galega.

En galego, por que non? é un libro escrito desde a lóxica máis esmagante, desde o sentido común máis evidente. É un libro para pensar sobre o galego e sobre as nosas actitudes fronte da lingua. A través de exemplos moi concretos e doados de entender, asistiremos a un exercicio de derruba dos prexuízos e as simplificacións que seguen tendo, arredor da lingua, un eco notable na opinión pública. Un libro para entendermos que optar polo galego non é algo antigo, nin errado, nin minoritario, nin rural, nin, desde logo, algo propio de radicais ou de intelectuais desconectados da realidade social.

Libro de MANUEL NÚÑEZ SINGALA (Editorial Galaxia)

 

A idea: elaborar un repertorio de argumentos que sexan capaces de contrarrestar esa sensación “ambiental” de que a opción do galego é antiga, errada, minoritaria, rural, propia de radicais ou de intelectuais desconectados da realidade social. “Tanto para gañar novos falantes para a lingua galega como para fidelizar aos que xa o son”, subliña Manuel Núñez Singala.

Especialmente útil e enfocado cara á adolescencia

“O futuro do galego, como o de calquera lingua, está na xente nova. Eles serán os falantes do mañá e a continuidade da lingua está condicionada a que eles acollan, conserven e usen de xeito normal este idioma. A adolescencia é ademais unha época crucial, xa que normalmente é nesa banda de idade cando se produce a opción lingüística que despois tenderá a perpetuarse. A todos os rapaces e rapazas galegos van, pois, dedicadas estas páxinas”

Os capítulos do libro seguen a seguinte secuencia, argumentando fronte a diversos prexuízos clásicos:

1.Sobre simplificacións e prexuízos
2.Porque é unha lingua bruta, que soa mal
3.Porque aprender galego é unha perda de tempo, se todos falásemos inglés non habería problemas para entenderse
4.Porque non todos o falamos, e falar galego cando hai alguén que non o fala é de mala educación
5.Porque non o damos falado ben
6.Porque é unha lingua imposta
7.Porque é unha lingua minoritaria
8.Porque non o fala ninguén
9.Porque non