Benvido/a ó blog de CHeBé.es. Un punto de encontro, comunicación e información para todos os nosos usuarios e visitantes.
Esperamos que vos resulten de utilidade os contidos que aquí se amosan.
- Visitas: 680
Para amenizar musicalmente este sitio contamos coa colaboración especial de Faxter.
[ Visitar canal de Faxter en Youtube.]
Un completo CD de música electrónica (feita con ordenadores) composta polo noso convidado, que contén un bo puñado de temas nos que vai surfeando polos diferentes estilos musicais, así que, de seguro estarán tamén os teus preferidos: New Age, Rock, Blues, Pop, Alternativa...
- Visitas: 889
Como podedes ver, moitos dos traballos que aparecen no catálogo de CHB están feitos, en todo ou en parte, con arxila polimérica.
Inda que na Rede podedes atopar un feixe de información sobre esta arxila, imos facer aquí un rápido resumo sobre ela.
A arxila polimérica é unha arxila especial feita industrialmente (non se pode fabricar de forma caseira) a base de policloruro de vinilo, un material habitualmente empregado en multitude de obxectos de uso cotián.
- Visitas: 802
En galego, por que non? é un libro escrito desde a lóxica máis esmagante, desde o sentido común máis evidente. É un libro para pensar sobre o galego e sobre as nosas actitudes fronte da lingua. A través de exemplos moi concretos e doados de entender, asistiremos a un exercicio de derruba dos prexuízos e as simplificacións que seguen tendo, arredor da lingua, un eco notable na opinión pública. Un libro para entendermos que optar polo galego non é algo antigo, nin errado, nin minoritario, nin rural, nin, desde logo, algo propio de radicais ou de intelectuais desconectados da realidade social.
Libro de MANUEL NÚÑEZ SINGALA (Editorial Galaxia)
- Visitas: 859
Acceso usuarios
A música de FAXTER
Artigos destacados
Artigos publicados
-
Xuño 2019
-
Mai 2019