CholoBuceta


Cholo Buceta
. Artista plástico (Arousa - Galicia - España)

Cholo Buceta estivo presente en numerosas exposicións nacionais e internacionais de carácter tanto colectivo como individual.
A súa técnica seguiu, según o seu entender, una traxectoria clásica: parte do estudo do debuxo, o carboncillo, e diversos lapis e tintas; continúa co óleo e remata co acrílico.

Neste intermedio coñece unha novidosa técnica realizada a base de chapapote de tabaco e, dende entón, segue traballando con ela. De tons con predominancia da cor sepia, estas obras toman unha certa semellanza coas fotografías antigas en branco e negro. Este efecto, aprovéitao Cholo Buceta para recrearse en obras de temática galega de época, quizais rememorando aquelas imborrables imaxes da Galicia da súa infancia.

Algunhas da súas obras puideron ser vistas nas seguintes mostras:

- Audiovisual Plástico-Literario. Museos Rómulo Raggio e Quinta Trabuco de Bos Aires, Arxentina.
- Tabaco para pintar. Mostra individual en Vilagarcía de Arousa, España.
- Centro Cultural Sao Paulo. Colectiva en Brasil.
- Sociedade Hispano-Brasileira. Colectiva en Brasil.
- Programa TVE: Boa Tarde. Mostra individual en Televisión Española 2.
- Arte Axuda Galicia. Colectiva, itinerante por Galicia, España.

( Podes facer clic sobre as imaxes para velas ao completo )

 

Se o desexas, podes deixar abaixo o teu comentario sobre os contidos desta galería. Grazas.